Un microcromosoma é un tipo de cromosoma de tamaño moi pequeno, que é un compoñente típico dos cariotipos de aves, algúns réptiles, peixes, e anfibios, pero que xeralmente está ausente nos cariotipos de mamíferos.[1] Os minicromosomas teñen un tamaño menor de 20 Mb. Os cromosomas que pasan de 40 Mb considéranse macrocromosomas. Os que teñen tamaños entre 20 e 40 Mb clasifícanse como cromosomas intermedios.[2] Como os microcromosomas son tan pequenos moi a miúdo é moi difícil distinguilos citoxeneticamente no cariotipo. Inicialmente pensábase que eran fragmentos de cromosomas insignificantes, pero despois, nas especies en que foron estudados viuse que son moi ricos en xenes. Nos polos, estímase que os microcromosomas conteñen entre o 50 e o 75% de todos os xenes da especie.[3][4] A presenza de microcromosomas nunha célula fai que sexa particularmente difícil ordenalos e identificalos formando un cariotipo coherente. Durante a metafase, momento en que os cromosomas teñen maior grosor e se ven mellor, teñen o aspecto de pequenas manchas de só 0,5-1,5 μm de longo. O seu pequeno tamaño e escasa condensación en heterocromatina significa que normalmente non presentan os patróns de bandeado cromosómico que serven de diagnóstico para a identificación de cromosomas nin un centrómero ben distinguible.[1]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome fillon
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome mcqueen
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome evolution