Os microvilli (en singular microvillus, pero é máis usado en plural), tamén chamados microvilosidades,[1][2] son extensións permanentes con forma de dedo microscópicas da membrana de certas células, que aumentan a área superficial celular,[3] e realizan diversas funcións, como a absorción, secreción, adhesión celular, e mecanotransdución.
Os microvilli non se deben confundir con cilios nin con pseudópodos.
↑Diccionario galego de termos médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. (2002). Páxina 477. ISBN 84-453-3371-2.
↑Coordinadores: Jaime Gómez Márquez, Ana Mª Viñas Díaz e Manuel González González. Redactores: David Villar Docampo e Luís Vale Ferreira. Revisores lingüísticos: Víctor Fresco e Mª Liliana Martínez Calvo. (2010). Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés.(PDF). Xunta de Galicia. p. 116. ISBN978-84-453-4973-1.