Miekkailija | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Miekkailija |
Director | Klaus Härö |
Produtor |
|
Guión | Anna Heinämaa |
Intérpretes |
|
Música | Gert Wilden Jr |
Fotografía | Tuomo Hutri |
Montaxe |
|
Estrea | 13 de marzo de 2015 |
Duración | 98 minutos[1] |
Orixe | Finlandia Estonia Alemaña |
Xénero | Drama |
Orzamento | 2 millóns de euros |
Na rede | |
|
Miekkailija (tamén coñecido polo título en estoniano: Vehkleja)[2] é un filme de 2015 coproducido entre Finlandia, Estonia e Alemaña que foi dirixido por Klaus Härö. Conta a historia real de Endel Nelis, un esgrimista e adestrador estoniano.[3] O guión foi creado por Anna Heinämaa e rodaxe comezou en Estonia a finais de febreiro de 2014.
O filme foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos premios,[4][5] clasificándose na lista curta de decembro xunto con outros oito filmes, mais finalmente non foi nomeado.[6][7] Miekkailija foi nomeado ó Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa como unha coprodución entre Finlandia, Estonia e Alemaña.