Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Minstrelsy

Anuncio para un espectáculo de minstrel

O espectáculo de minstrel ou minstrelsy era unha forma de entretemento estadounidense. Desenvolveuse no século XIX. Cada espectáculo era de parodias cómicas, bailes e actuacións musicais que mostraban persoas de ascendencia africana. Os espectáculos foron interpretados principalmente por persoas brancas con maquillaxe ou cara negra (blackface) co propósito de interpretar a xente negra. Tamén houbo intérpretes afroamericanos e grupos de minstrel só negros que se formaron e realizaron concertos e xiras.

O minstrel mostra a persoas racializadas negras parodiadas e aos afroamericanos como alegres, preguiceiros e parvos.[1] [2]

Os espectáculos de minstrel saíron como breves burlesques a principios da década de 1830 no nordeste dos Estados Unidos. Desenvolvéronse na súa forma plena ao redor da década seguinte.

A principios do século XX, o espectáculo de minstrelsy era unha sombra da súa antiga popularidade. Foi substituído na súa maior parte polo vodevil.[3]

  1. "The Coon Caricature - Anti-black Imagery - Jim Crow Museum". jimcrowmuseum.ferris.edu. Consultado o 2023-09-20. 
  2. "Minstrel Shows - Part I". www.musicals101.com. Consultado o 2023-09-20. 
  3. "Blackface photos found in old University of Maryland yearbooks". Baltimore Sun. 2019-02-08. Consultado o 2023-09-20. 

Previous Page Next Page






Minstrel AST Minstrel show Catalan Minstrel show Czech Minstrel Show German Minstrel show English Minstrel Spanish Minstrelite etendused ET Minstrel show Finnish Minstrel show French מופע מינסטרל HE

Responsive image

Responsive image