Monoblastozoos (Monoblastozoa) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Especie | |||||||||||
|
Os monoblastozoos (Monoblastozoa)[1] son un filo do reino animal de dubidosa existencia e aínda máis dubidosa filiación.
Baséase nunha única especie, Salinella salve, que foi descrita en 1892 por Johannes Frenzel nunha solución salina ao 2 % a partir de material procedente da auga de dúas minas de sal de Córdoba (Arxentina).[2]
Segundo o autor do único rexistro publicado do organismo, o corpo de Salinella consta dunha capa única de células (ao que alude o nome de monoblastozoo) carecendo de tecidos e órganos. Máis organizado que os protozoos, trátase porén dun moi primitivo organismo pluricelular caracterizado por presentar as súas partes anterior e posterior diferentes, e por estar densamente ciliado, especialmente ao redor da "boca" e do "ano". Reprodúcese asexualmente por fisión transversal do corpo e, aínda que se sospeita que pode reproducirse sexualmente, non hai evidencias disto.[2]
A esta especie outorgóuselle a categoría de filo por recoñecerse que o dos Mesozoa era demasiado diverso para ser un filo en si mesmo.
Pero a descrición se Salinella é ambigua e imprecisa, e non puido caracterizarse con precisión dado que nunca se volveu observar, polo que algúns zoólogos dubidan da súa existencia.[3]