O mullerismo é unha teoría social profundamente enraizada na opresión racial e de xénero das mulleres negras. Existen distintas interpretacións sobre o que o termo significa e os esforzos para achegar unha definición concisa e abranguente só tiveron un éxito marxinal. A ambigüidade dentro da teoría permite a expansión continua dos seus principios básicos.
Na súa esencia, o mullerismo é unha perspectiva de mudanza social baseada nos problemas cotiáns e experiencias das mulleres negras e doutras mulleres demograficamente minoritarias, mais de forma máis ampla procura métodos para erradicar as desigualdades non só para as mulleres negras, senón para todas as persoas.[1]