N-II | |
---|---|
Tipoloxía | Estrada convencional |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Lonxitude | 780 km |
Localización | |
Inicio | Madrid |
Fin | La Jonquera (Xirona) |
A N-II é unha estrada radial que une Madrid e o paso fronteirizo de Els Límits (municipio de La Jonquera) pasando por localidades como Guadalaxara, Zaragoza, Lleida, Barcelona e Xirona.
A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Na actualidade gran parte do trazado transformouse en autovía pasando a denominarse A-2. Aínda quedan tramos sen duplicación de calzada coa denominación de N-II, como ruta alternativa e gratuíta á AP-2 (entre Zaragoza e Fraga) e á AP-7 (entre Barcelona e La Jonquera).