Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Nebulina

Estrutura de espectroscopía de resonancia magnética nuclear de proteínas do dominio SH3 da nebulina humana.[1]
Nebulina
Identificadores
Símbolo NEB
Símbolos alt. NEM2
Entrez 4703
HUGO 7720
OMIM

161650

PDB 1NEB
RefSeq NM_004543
UniProt P20929
Outros datos
Locus Cr. 2 q22

A nebulina é unha proteína que se une á proteína actina do músculo, que está localizada nos filamentos finos dos sarcómeros do músculo esquelético. É unha proteína moi grande (600-900 kDa) e cada unha únese ata a 200 monómeros de actina. Como a súa lonxitude é proporcional á lonxitude do filamento fino, crese que a nebulina actúa como unha "regra" de medición do filamento fino e regula a lonxitude de dito filamento durante a ensamblaxe do sarcómero.[2] Outras funcións da nebulina, como o papel que podería xogar na sinalización celular, son inseguras.

A nebulina tamén regula as interaccións actina-miosina ao inhibir a actividade ATPase dun modo sensible ao calcio-calmodulina.[3]

As mutacións na nebulina causan algúns casos do trastorno autosómico recesivo miopatía nemalínica.[4]

Unha segunda isoforma máis pequena da nebulina, denominada nebuleta, exprésase no músculo cardíaco.

  1. de PDB - 1NEB; Politou AS, Millevoi S, Gautel M, Kolmerer B, Pastore A (1998). "SH3 in muscles: solution structure of the SH3 domain from nebulin". J. Mol. Biol. 276 (1): 189–202. PMID 9514727. doi:10.1006/jmbi.1997.1521. 
  2. McElhinny; et al. (2003). "Nebulin: the nebulous, multifunctional giant of striated muscle". Trends Cardiovasc Med 13 (5): 195–201. PMID 12837582. doi:10.1016/S1050-1738(03)00076-8. 
  3. Root & Wang; Wang, K (1994). "Calmodulin-sensitive interaction of human nebulin fragments with actin and myosin". Biochemistry 33 (42): 12581–91. PMID 7918483. doi:10.1021/bi00208a008. 
  4. Pelin; et al. (1999). "Mutations in the nebulin gene associated with autosomal recessive nemaline myopathy". Proc Natl Acad Sci USA 96 (5): 2305–10. PMC 26779. PMID 10051637. doi:10.1073/pnas.96.5.2305. 

Previous Page Next Page






Nebulina Catalan Nebulin Czech Nebulin German Nebulin English Nébuline French נבולין HE Nebulina Italian Nebulina Polish Nebulina Portuguese Nebulin SL

Responsive image

Responsive image