Oncovirus

Un oncovirus ou virus oncoxénico é un virus que pode causar cancro. A orixe do termo procede dos estudos sobre retrovirus agudamente transformantes realizadas nas décadas de 1950–60s, que a miúdo se denominaban oncornavirus para indicar que eran virus de ARN, e de aí derivou o termo oncovirus. Hoxe o termo refírese a calquera virus de ADN ou de ARN que cause cancro e é sinónimo de "virus tumoral" ou "virus canceríxeno". A gran maioría dos virus humanos ou animais non causan cancro, probablemente porque houbo unha coevolución moi prolongada no tempo entre os virus e o seu hóspede.

No conxunto do mundo, a Axencia Internacional para a Investigación do Cancro da OMS estimou que en 2002 o 17,8% dos cancros humanos foran causados por infeccións víricas, e un 11,9% foran causadas por só sete especies de virus.[1] A importancia disto é que estes cancros poderían previrse doadamente por medio da vacinación contra eses virus (por exemplo, as vacinas contra o papilomavirus), diagnosticados con simples tests sanguíneos, e tratados con compostos antivirais menos tóxicos que os anticanceríxenos.

  1. Parkin, Donald Maxwell (2006). "The global health burden of infection-associated cancers in the year 2002". International Journal of Cancer 118 (12): 3030–44. PMID 16404738. doi:10.1002/ijc.21731. 

Oncovirus

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne