Parklife | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Blur | ||||
Publicado | 25 de abril de 1994 | |||
Gravación | outubro de 1993 - xaneiro de 1994 | |||
Estudio(s) | Maison Rouge, Fulham e RAK Studios, Londres | |||
Duración | 52:39 | |||
Xénero(s) | britpop | |||
Selo(s) | Food, SBK | |||
Produtor | Stephen Street | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Parklife é o terceiro álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo Blur, editado o 25 de abril de 1994 a través do selo Food Records. Despois das decepcionantes vendas do seu anterior traballo, Modern Life Is Rubbish (1993), Parklife volveu poñer a Blur nunha boa posición no Reino Unido, axudado polos seus sinxelos: "Girls & Boys", "End of a Century", "Parklife" e "To the End".
Certificado catro veces platino no Reino Unido pola British Phonographic Industry (BPI),[1] o álbum chegou a definir a emerxente escena britpop no ano seguinte ao seu lanzamento, xunto co Definitely Maybe dos seus futuros rivais Oasis. O britpop á súa vez formaría a columna vertebral do movemento máis amplo Cool Britannia. Parklife, polo tanto, acadou unha importancia cultural máis aló das súas considerables vendas e aclamación da crítica, consolidando o seu status como un referente na música rock británica.[2]
En 2010, Parklife foi unha das dez portadas de álbums de artistas británicos conmemoradas nun selo postal do Reino Unido emitido polo Royal Mail.[3][4] En 2015 Spin incluíu o álbum na súa lista dos 300 mellores álbums de 1985-2014.[5] A revista Rolling Stone clasificou o álbum número 438 na súa lista de 2020 dos 500 mellores álbums de todos os tempos.[6]