Penberth (córnico: Benbryhi)[1] é un val, aldea costeira e enseada na península de Penwith en Cornualla (Reino Unido). Está aproximadamente a 7 km ao suroeste de Penzance. A maior parte da aldea pertence á parroquia de St Buryan e unha pequena parte na de St Levan tras pasar o río Penberth[2].
En tempos pasados en Penberth houbo unha importante industria pesqueira dedicada á sardiña [3] e pernamece como unha das poucas enseadas pesqueiras tradicionais en Cornualla, dedicándose aínda uns poucos pescadores locais á xarda, lagosta e cangrexo. Existe tamén unha industria de cultivo de flores que se envían a Londres.[3]