Perlucidus é unha variedade de nubes caracterizadas por apareceren en extensas manchas, capas ou campos claramente marcados, deixando ver a través delas a luz do sol ou da lúa, pero non permitindo distinguir tan claramente a súa posición coma no caso das nubes da variedade translucidus.
Está presente nos xéneros altocumulus e stratocumulus.