Poise

O poise é a unidade de viscosidade dinámica no Sistema Ceguesimal de Unidades. O seu símbolo é P.

1 poise (P) ≡ 1 g·(s·cm)−1 ≡ 1 dina·s·cm−2 ≡ 0,1 Pa·s.

É dicir, equivale a unha forza de 1 dina por 1 cm², xerada por unha diferenza de velocidade de 1 cm por segundo, nun espazo de 1 cm.

Esta unidad recibiu o seu nome en honor ao fisiólogo francés Jean Léonard Marie Poiseuille.

Adóitase usar máis un submúltiplo, o centipoise (cP). O centipoise úsase máis debido a que a auga ten unha viscosidade de 1,0020 cP a 20 °C.

1 poise = 100 centipoise = 1 g/(cm·s) = 0,1 Pa·s.[1]
1 centipoise = 10-3 Pa·s.[2]
  1. [1] Biomedical Engineering: Bridging Medicine and Technology, páx. 722, en Google books.
  2. Mecánica de fluidos, páx. 45, en Google libros.

Poise

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne