Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Polifiodonto

Dentición dun canguro, un raro exemplo de mamífero polifiodonto.

Un polifiodonto é un animal cuxos dentes poden substituírse continuamente. En contraste, os difiodontos caracterízanse por ter só dous conxuntos sucesivos de dentes (por exemplo, dentes de leite e dentes definitivos).[1]

Son polifiodontos a maioría dos peixes dentados, moitos réptiles como os crocodilos, osgas,[2][3][4] e a maioría dos outros vertebrados, pero os mamíferos son a principal excepción. Aos mamíferos crécenlles dentes novos permanentes nas mandíbulas, xeralmente baixo ou detrás dos dentes vellos, a partir de células nai da lámina dental.[5] Nos polifiodontos, os animais xoves teñen normalmente un conxunto completo de dentes cando eclosionan; non hai cambios de dentes no ovo. En poucos días, a substitución de dentes empeza, xeralmente na parte posterior da mandíbula e continúa cara a adiante como unha onda. Como media substitúese un dente cada poucos meses.

  1. Buchtova, M.; Stembirek, J.; Glocova, K.; Matalova, E.; Tucker, A. S. (2012). "Early Regression of the Dental Lamina Underlies the Development of Diphyodont Dentitions". Journal of Dental Research 91 (5): 491–498. doi:10.1177/0022034512442896. 
  2. "Mechanism of tooth replacement in Leopard geckos". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2017. 
  3. Fuenzalida, Marcela; Lemus, Susi; Illanes, Julio; Montiel, Enrique; Acuña, Olga; Lemus, David (2000). "Histochemical detection of sugar residues in lizard teeth (Liolaemus gravenhorsti): a lectin-binding study". Biological Research 33 (3–4). doi:10.4067/S0716-97602000000300008. 
  4. Gaete, Marcia; Tucker, Abigail S.; Schubert, Michael (2013). "Organized Emergence of Multiple-Generations of Teeth in Snakes Is Dysregulated by Activation of Wnt/Beta-Catenin Signalling". PLoS ONE 8 (9): e74484. PMC 3760860. PMID 24019968. doi:10.1371/journal.pone.0074484. 
  5. Whitlock, John A; Richman, Joy M (2013). "Biology of tooth replacement in amniotes". International Journal of Oral Science 5 (2): 66–70. doi:10.1038/ijos.2013.36. 

Previous Page Next Page






حيوان متعدد التسنين Arabic Polyphyodont English پلی‌فیودنت FA Polifiodon ID Polyfyodontie Dutch Polifiodontyzm Polish Polifiodonte Portuguese Động vật đa bộ răng VI

Responsive image

Responsive image