Un post-it é unha pequena folla de papel autoadhesiva de dimensións variables, así como tamén as formas e cores. Emprégase para escribir notas recordatorias a fin deixalas despois sobre calquera tipo de superficie. É unha marca rexistrada, propiedade da "Minnesota Mining and Manufacturing Company", máis coñecida como 3M.
Fabrícanse de diversas dimensións, formas e cores, aínda que o tamaño típico é un cadrado de 7,6 cm de lado, de cor amarelo.