En anatomía, o termo proximal (T.A.: proximalis, do latín proximus, "próximo") é un adxectivo que indica proximidade cara ao punto de orixe ou inserción dun órgano, unha parte, ou calquera punto de referencia.[1][2][3] Por exemplo, a coxa é máis proximal ao corpo que o pé, ou a perna é proximal ao pé.
En odontoloxía, refírese á superficie dun dente contigua á do dente adxacente.
É o termo oposto a distal.[2][3]