Cor falsa, falsa cor ou pseudocor refírese a un grupo de métodos de visualización dos datos empregados para amosar imaxes en cor que foron gravadas nas partes visibles ou non visibles do espectro electromagnético. Unha imaxe en falsa cor é unha imaxe que representa un obxecto en cores que difiren das que amosaría unha fotografía (unha imaxe en cor verdadeira segundo a nosa percepción da cor). Nesta imaxe, as cores asignáronse a tres lonxitudes de onda diferentes que os nosos ollos normalmente non poden ver.
Ademais, as variantes de falsa cor como pseudocolor (pseudocor), density slicing (corte de densidade) e coropleths úsanse para a visualización de información de datos recollidos por unha única canle en escala de grises ou datos que non representan partes do espectro electromagnético (por exemplo, elevación en mapas de relevo ou tipos de tecidos en imaxe por magnética).