Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 507 (2006) (101,4 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 5 km² | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Altitude | 11 m | ||||
Sitio web | cookislands.org.uk… |
Pukapuka é un dos atois de coral das Illas Cook. De todas as illas habitadas do arquipélago (664 habitantes segundo o censo de 2001) é a máis illada. Outro nome para PukaPuka é Illas do Perigo, que non debe ser confundida coa Illa Perigo do Arquipélago Chagos no océano Índico.
Aínda que as infraestruturas están ben mantidas, os voos cara a Pukapuka son raros pois a illa está moito máis preto de Samoa que do resto das Illas Cook. Robert Dean Frisbie inmortalizou a illa na súa obra Illa do Desexo escrita nos anos 30. En febreiro de 2005 Pukapuka e a súa veciña Nassau foron golpeadas polo ciclón Percy que ocasionou graves danos ás propiedades e infraestruturas das illas. A poboación local fala Pukapukano, máis próximo ao samoano có maorí.