Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Purplewashing

O morado foi historicamente unha cor asociada co feminismo.

Purplewashing (lavado lila ou lavado de imaxe púrpura) é un préstamo lingüístico (do inglés purple, morado, e whitewash, blanquear ou encubrir) para referirse, no contexto feminista, á variedade de estratexias políticas e de mercadotecnia dirixidas á promoción de institucións, países, persoas, produtos ou empresas apelando ao seu compromiso coa igualdade de xénero.[1][2][3]

A expresión é especialmente usada para referirse ao lavado de imaxe dos países occidentais que, sen conseguir unha igualdade real entre homes e mulleres, escusan este déficit en que as mulleres doutros países ou culturas aínda teñen peores condicións de vida, referíndose frecuentemente aos de maioría musulmá.[1][2][3]

Xeralmente utilízase este termo para denunciar o uso sectario que se fai do feminismo para amparar discursos ou políticas xenófobas e de promoción da islamofobia.[3] Ademais, tamén se utiliza para sinalar o compoñente paradoxalmente sexista que teñen moitas destas accións ao aplicarse unicamente en mulleres, como a prohibición de vestir determinadas pezas de roupa ou a negación de certos servizos.[1][2]

Para moitas activistas feministas, ante a instrumentalización dos dereitos das mulleres, a única resposta posible e liberadora para todas as minorías é a solidariedade interseccional entre os diferentes grupos oprimidos, como son as mulleres e as migrantes.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 (en castelán) Burkas en el ojo ajeno: el feminismo como exclusión. Pikara Magazine. 4 de decembro de 2014.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 (en castelán) Del pornoburka al purplewashing, los trucos más sucios contra el feminismo. El Confidencial. 3 de abril de 2016.
  3. 3,0 3,1 3,2 (en castelán) 'Purplewashing' o acordarse del feminismo cuando interesa. Eldiario.es. 29 de agosto de 2016.

Previous Page Next Page






Purplewashing Catalan Purplewashing German Purplewashing English Purplewashing Spanish Purplewashing EU Purplewashing French Purplewashing Italian Purplewashing Dutch Purplewashing OC Purplewashing Portuguese

Responsive image

Responsive image