A quimiocinese é unha cinese causada por unha substancia química, unha resposta motil dos organismos unicelulares procariotas ou eucariotas a compostos químicos que causan que a célula realice algún tipo de cambio no seu comportamento migratorio ou natatorio. Os cambios supoñen un aumento ou diminución da velocidade, alteracións na amplitude ou frecuencia do carácter motil, ou na dirección da migración. Porén, en contraste coa quimiotaxe, na quimiocinese o movemento é aleatorio e non vectorial, en xeral.[1] [2]
Debido ao seu carácter aleatorio, as técnicas dedicadas a avaliar a quimiocinese son parcialmente diferentes dos métidos usados na investigación da quimiotaxe. Unha das formas máis valiosas para medir a quimiocinese é a análise de taboleiro de xadrez asistida por computador (ver, por exemplo, ImageJ), que proporciona datos sobre a migración de células idénticas, mentres que en protozoos (por exemplo, Tetrahymena), tamén se desenvolveron técnicas baseadas na medida da opalescencia.[3]