Razorlight | |
---|---|
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 2002 - 2014 2017 - presente |
Xénero(s) | indie rock, garage rock, post-punk revival |
Selo(s) discográfico(s) | Atlantic Culture, Mercury/Vertigo |
Membros | Johnny Borrell Björn Ågren Carl Dalemo Andy Burrows Reni Lane |
Antigos membros | Freddie Stitz Gus Robertson João Mello David Sullivan Kaplan David Ellis Harry Deacon Ben Ellis Mat Hector Shïan Smith-Pancorvo |
Na rede | |
razorlightofficial.com | |
Razorlight é unha banda inglesa de indie rock formada en Londres en 2002 polo vocalista e guitarrista Johnny Borrell. Ademais de Borrell, a actual formación está composta polos membros fundadores Björn Ågren (guitarra) e Carl Delemo (baixo), así como o batería Andy Burrows. Esta formación é unha reunión dos membros que gravaron o segundo e o terceiro álbum do grupo.[1]
A banda pasou por varios cambios de formación, sendo Borrell o único membro permanente. Lanzaron tres álbums de estudio antes de separarse en 2014. O grupo reformouse en 2017 e lanzou o álbum Olympus Sleeping en 2018.[2]
Razorlight é sobre todo coñecida polos sinxelos "Golden Touch", "Somewhere Else", "In The Morning" e "America", o último dos cales foi un número 1 na lista de sinxelos do Reino Unido en 2006.[3]