Rela | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rela repousando nunha cana | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Hyla molleri Bedriaga, 1890 | |||||||||||||||||
Distribución de H. molleri
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
A rela[1], ra de Santo Antón[1], ra das figueiras ou estroza[2] (Hyla molleri Bedriaga, 1890) é un anfibio anuro pertencente á familia dos hílidos (Hylidae), de pequeno tamaño, corpo algo repoludo, cor verde e hábitos arborícolas.
Durante moitos anos foi considerada unha subespecie de Hyla arborea, até que recentes estudos de filoxenia molecular demostraron que era unha especie distinta.
Esta nova especie distribúese unicamente pola Península Ibérica e o suroeste atlántico de Francia, encontrándose case ameazada debido á perda de hábitat e á contaminación das augas.