ResearcherID | |
---|---|
Tipo | Identificador de persoas, sitio web e identificador persistente |
Data de fundación | xaneiro de 2008 |
Na rede | |
http://www.researcherid.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
ResearcherID é un sistema de identificación para a autoría científica. Thomson Reuters presentouno en xaneiro de 2008. Este identificador único ten como obxectivo arranxar o problema de identificación de autoría. En literatura científica é común citar polo nome, apelidos e iniciais das persoas autoras dun artigo. Ás veces, con todo, hai persoas co mesmo nome, coas mesmas iniciais, ou ben erros na propia edición da revista o que leva a que haxa diferentes variantes escritas para unha mesma persoa ou persoas diferentes identificadas baixo a mesma forma escrita.
Na páxina de ResearcherID solicítaselles ás persoas autoras que liguen o seu identificador nos seus artigos. Deste xeito tamén poden manter actualizada e en liña a súa lista de publicacións e listar a produción total dunha persoa, xa que non toas as publicacións son indexadas por Web of Science. Isto é relevante para quen investiga en eidos onde se traballa predominantemente con artigos revisados por pares (informática ou ciencias naturais) ou en area centradas na publicación de monografías e capítulos de libros (Humanidades e disciplinas das ciencias sociais).
O uso combinado do DOI co ResearcherID permite unha asociación única entre as persoas autoras e os artigos científicos. Pode usarse para ligar o persoal investigador con rexistros de ensaios clínicos ou para identificar colegas e colaboradores no mesmo campo de investigación.[1]
ResearcherID vén sendo criticado pola súa natureza comercial e propietaria, pero tamén enxalzado como "unha iniciativa que aborda o problema común de identificación errada de autoría".[2][3]
ResearcherID permite o intercambio de datos entre a súa base de datos e a de ORCID de xeito bidireccional.[4]