Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Reticulocito

Reticulocito
Reticulocitos
Eritrocitos (células maduras)
Latín reticulocytus (TerminologiaHistologica 2 00 04.1.01007)
Reticulocitos tinguidos para distinguilos dos glóbulos vermellos maduros.

Os reticulocitos son glóbulos vermellos do sangue, que están na fase inmediatamente anterior a converterse en eritrocitos totalmente maduros. Son células que están na penúltima fase da eritropoese (formación de eritrocitos ou glóbulos vermellos) e carecen de núcleo nos mamíferos. Despois de orixinarse na medula ósea libéranse ao torrente curculatorio, onde permanecen durante 1 día antes de madurar a eritrocito. Normalmente son pouco numerosos no plasma sanguíneo (entre o 0,5 e o 1%), pero poden atoparse en niveis elevados por causa dalgunhas anemias (ata algo máis do 4%)[1], nas cales o organismo incrementa a produción de glóbulos vermellos na medula ósea e libéraos no torrente sanguíneo antes de que estean maduros.[2] Os reticulocitos caracterízanse por presentar no citoplasma unha rede de filamentos e gránulos, compostos principalmente de ARNr, que fan que se tingan de modo característico nos frotis de sangue, presentando o seu citoplasma un aspecto reticular que os distingue dos glóbulos vermellos maduros.

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome miale
  2. Becker K., Ana. Interpretación del hemograma (en castelán). Rev. chil. pediatr. [online]. 2001, vol.72, n.5 [citado 2010-01-18], pp. 460-465. ISSN 0370-4106. doi: 10.4067/S0370-41062001000500012.

Previous Page Next Page