Tipo | arquipélago | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Illas maiores da Sonda | |||
Localización | ||||
División administrativa | Ilhas Riau, Indonesia (pt) | |||
| ||||
Bañado por | Estreito de Singapur | |||
O arquipélago de Riau (Kepulauan Riau) é un grupo de illas indonesias que forman parte da provincia homónima, formada por estas illas xunto coas illas Natuna, ricas en petróleo e gas natural, e as Anambas.
Ata xullo de 2004 as illas Riau formaban parte da provincia de Riau, en Sumatra; desde entón uníronselle os dous arquipélagos antes citados para formar os tres unha nova provincia. En total devandita provincia ocupa uns 21.992 km² e conta con 1.198.526 habitantes. A capital é a localidade de Tanjung Pinang. Ás veces utilízase o termo BBK ('Batam Bintan Karimun') para referirse ao arquipélago.