Rocks | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Aerosmith | ||||
Publicado | 3 de maio de 1976 | |||
Gravación | febreiro - marzo de 1976 | |||
Estudio(s) | The Wherehouse e The Record Plant | |||
Duración | 34:31 | |||
Xénero(s) | hard rock, blues rock, heavy metal | |||
Selo(s) | Columbia Records | |||
Produtor | Aerosmith e Jack Douglas | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Rocks é o cuarto álbum da banda estadounidense de hard rock Aerosmith, editado o 3 de maio de 1976 a través do selo Columbia Records. O disco foi colocado no posto 176 da lista da revista Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[1]. Influíu enormemente a moita xente da comunidade do hard rock e o heavy metal, como Guns N' Roses e Metallica. O álbum tivo éxito comercialmente, entrando tres dos seus sinxelos na lista Billboard Hot 100, dous dos cales serían top 40 ("Back in the Saddle" e "Last Child").