Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Rongo

Rongo
Deus da kumara, da agricultura e da guerra
Membro da mitoloxía maorí
O deus Rongo.
Outros nomesRongo-hīrea, Rongo-mā-Tāne, Rongo-marae-roa, Rongo-marae-roa-a-Rangi
Centro de cultoOrongo marae (Mangaia)
XéneroMasculino
RexiónPolinesia
Grupo étnicoPobo maorí e insulares das Illas Cook
Información persoal
PaisRangi e Papa (tribos Arawa), ou Vatea e Papa (Illas Cook), ou Tāne (tribo Ngāti Awa)
IrmánsRehua, Urutengangana, Haumia, Tāne, Tangaroa, Tāwhirimātea, , Rūaumoko
ConsorteTe-po-tatango, Tavake (Mangaia)
FillosTavake, Rangi, Mokoiro, Akatauira (Mangaia)

Na mitoloxía maorí, Rongo ou Rongo-mā-Tāne (tamén Rongo-hīrea, Rongo-marae-roa[1] e Rongo-marae-roa-a-Rangi)[2] é un importante deus (atua) das plantas cultivadas, especialmente da pataca doce (kūmara en maorí), un cultivo vital para os maorís. Outros cultivos dos maorís nos tempos tradicionais incluían taro, ñame (uwhi), cordyline () e Lagenaria siceraria. Debido á súa orixe tropical, a maioría destes cultivos eran difíciles de cultivar agás no extremo norte da illa Norte, de aí a importancia de Rongo en Nova Zelandia.

El foi un importante deus da agricultura e da guerra nas meridionais Illas Cook, especialmente en Mangaia, onde o Akaoro marae e Orongo marae foron centros do seu culto,[3] onde se lle ofrecía taro cocido[4][5] para asegurar o éxito na batalla e a fertilidade da terra.

Na sala de espera da Walt Disney's Enchanted Tiki Room cóntase unha lenda sobre Rongo facendo voar o primeiro papaventos, na que Ernest Tavares dá voz a Rongo.

  1. "Māori Dictionary search results for 'Rongo-marae-roa'". John C Moorfield. Consultado o 3 de maio de 2018. 
  2. "Māori Dictionary search results for 'Rongo-mā-Tāne'". John C Moorfield. Consultado o 3 de maio de 2018. 
  3. Te Rangi Hiroa (1934). Mangaian Society. Museum Honolulu, Hawaii. p. 174. 
  4. Gill, W. W. (1876). Myths and songs of the South Pacific.  cited in Te Rangi Hiroa (1934). Mangaian Society. Museum Honolulu, Hawaii. p. 176. 
  5. Te Rangi Hiroa (1934). Mangaian Society. Museum Honolulu, Hawaii. p. 176. 

Previous Page Next Page






Rongo AF Rongo ALS رونغو Arabic Rongo BS Rongo German Rongo English Rongo EU Rongo French Ронго Russian Rongo Swedish

Responsive image

Responsive image