Saprotrofia

Rizomorfo formado por un conxunto de hifas que se utilizan no proceso da nutrición saprótrofa para a captación de materia orgánica a través das súas paredes celulares. A rede de hifas denomínase micelio, que é fundamental para a nutrición dos fungos.

A saprotrofia, nutrición saprótrofa ou nutrición lisótrofa é un proceso de dixestión extracelular quimioheterótrofo implicado no procesamento de materia orgánica en descomposición (morta ou residual). Ocorre nos organismos saprótrofos e está maiormente asociado aos fungos (por exemplo Mucor) e ás bacterias do solo. Os fungos microscópicos saprótrofos denomínanse ás veces saprobios, e as plantas ou a flora bacteriana denomínanse saprófitos (ou saprófitas), aínda que agora se cre que todas as plantas que antes se pensaba que eran saprófitas son, en realidade, parasitos de fungos microscópicos ou doutras plantas. O proceso é xeralmente facilitado polo transporte activo de ditos materiais e endocitose no micelio interno e as súas hifas constituíntes.[1]

Diversas raíces léxicas relacionadas coa materia en descomposición (detrito, sapro-), comer e nutrirse (-voro, -fago), e planta e forma de vida (fito, -obio) producen varios termos, como detritívoro, detritófago, saprótrofo, saprófito, saprófago e saprobio, cuxos significados se solapan, aínda que se poden facer distincións baseándose nos mecanismos fisiolóxicos utilizados que restrinxen o significado. Por exemplo, poden facerse distincións de uso se se consome a materia en descomposición tragando fragmentos macroscópicos (como fai unha miñoca detritívora) ou facendo unha lise microscopica de detritos (como fan os cogomelos).

  1. Clegg & Mackean (2006, p. 296)

Saprotrofia

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne