Aa semiquinonas (ou ubisemiquinonas, se a súa orixe é a ubiquinona) son radicais libres que se orixinan pola retirada dun átomo de hidróxeno co seu electrón durante o proceso de deshidroxenación dunha hidroquinona, como a propia hidroquinona (quinol) ou o catecol a unha quinona, ou alternativamente a adición dun só átomo de hidróxeno co seu electrón a unha quinona.[1] As semiquinonas son compostos moi inestables.
Por exemplo, a ubisemiquinona é o primeiro dos dous pasos da redución da forma suplementaria do CoQ10 (ubiquinona) á súa forma activa ubiquinol.