Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Shuri-te (kanji: 首里手, hiragana: しゅりて), ou Suidī (en lingua okinawana), é un estilo dos tres estilos primordiais de karate, que foi creado aínda na época en que a arte marcial de Okinawa era coñecida como Tode, ou "man chinesa". A súa denominación se debe á súa orixe, porque xurdiu na cidade de Shuri, a vella capital do extinguido Reino de Ryukyu, actualmente unha provincia xaponesa.[1]
O conxunto principal de técnicas comprende golpes retos e defensas en ángulo. Para conservar a forza, os golpes ofensivos visan sempre un punto vital, o que mostra a primacía de golpes contundentes (atemi waza), como moquetes e patadas, que teñen a finalidade de acabar cun combate nun único movemento, coñecido como ikken hissatsu.[2]