Sleater-Kinney | |
---|---|
A banda en 2019 (Brownstein á esquerda e Tucker á dereita) | |
Orixe | Portland, Oregón, Estados Unidos |
Período | 1995 - 2006 2014 - presente |
Xénero(s) | riot grrrl, rock alternativo, indie rock, punk rock |
Selo(s) discográfico(s) | Chainsaw, Kill Rock Stars, Sub Pop, Mom + Pop Music, Loma Vista Recordings |
Membros | Corin Tucker Carrie Brownstein |
Antigos membros | Laura Macfarlane Toni Gogin Misty Farrell Janet Weiss |
Artistas relacionados | Wild Flag, Filthy Friends, St. Vincent, The Corin Tucker Band, Excuse 17, Heavens to Betsy |
Na rede | |
sleater-kinney.com | |
Sleater-Kinney é unha banda de rock alternativo estadounidense formada en 1995 en Olympia, Washington influenciada polo movemento riot grrrl dos anos 90. A banda trasladaríase posteriormente a Portland, Oregón. O nome do grupo deriva de Sleater-Kinney Road, unha rúa próxima a onde elas ensaiaban nos seus comezos en Lacey, Washington.
É un grupo destacable do movemento riot grrrl e indie rock do noroeste estadounidense, coñecido polas súas ideas feminismo e de esquerdas. O 27 de xuño de 2006 a banda anunciou a través da súa páxina web a súa separación por tempo indefinido. e en outubro de 2014 informaron de que publicarían un novo álbum no ano seguinte co título No Cities to Love e sairían de xira novamente.[1]