Supergrass | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Oxford, Inglaterra ![]() |
Período | 1993 - 2010 2019 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, britpop |
Selo(s) discográfico(s) | Parlophone |
Membros | Gaz Coombes Rob Coombes Danny Goffey Mick Quinn |
Na rede | |
http://www.supergrass.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Supergrass foi unha banda de rock alternativo inglesa formada en Oxford no ano 1993. Está formada por Gaz Coombes (guitarra e voz), Rob Coombes (teclado), Danny Goffey (batería) e Mick Quinn (baixo).
O grupo naceu como un trío pero no ano 2002 uniuse oficialmente Rob Coombes, irmáns de Gaz. A banda fichou por Parlophone Records en 1994 e lanzou I Should Coco (1995), o álbun de estrea máis vendido do selo dende o Please Please Me dos Beattles. O cuarto sinxelo do disco, "Alright", foi un grande éxito internacional que estableceu a reputación de Supergrass. Dende entón o grupo lanzou cinco álbums máis: In It for the Money (1997), Supergrass (1999), Life on Other Planets (2002), Road to Rouen (2005) e Diamond Hoo Ha (2008), ademais do recompilatorio Supergrass Is 10 (2004).
En agosto de 2009 Sepergrass fichou por Cooking Vinyl e comezou a gravar o seu sétimo álbum de estudio, Release the Drones. O disco non chegaría a ser rematado xa que o 12 de abril de 2010 a banda anunciou a súa disolución debido a diferenzas musicais e creativas.[1] O grupo separouse tras catro concertos de despedida, sendo o derradeiro en La Cigale de París o 11 de xuño dese mesmo ano.
Supergrass reformouse en 2019, inicialmente para actuar no Pilton Party e para realizar poteriormente un concerto "segredo" en Londres.