Un superxene é unha rexión cromosómica que comprende moitos xenes veciños que se herdan xuntos debido ao seu estreito ligamento xenético, é dicir, presentan moita menos recombinación da que normalmente se agardaría.[1] Este modo de herdanza pode deberse a rearranxos xenómicos entre variantes de superxenes. Os superxenes interveñen en moitos polimorfismos. Cos superxenes, fenotipos alternativos dun polimorfismo equilibrado segregan como se estivesen cotrolados por un só locus xenético, sendo o resultado dun ligamento xenético estreito entre múltiples loci funcionais.[2]
Unha rexión superxene pode conter uns poucos xenes relacionados funcionalmente que claramente contribúen a crear un fenotipo compartido.[3]