Tomari-te (kanji: 泊手, hiragana: とまりて), ou Tumaidi (en lingua okinawana), xunto co Naha-te e Shuri-te, é dos tres estilos clásicos de karate que xurdiu da evolución da loita nativa de Okinawa influenciada polas técnicas de loita levadas á rexión por comerciantes e diplomáticos chineses, ao redor do fin do século XVII. Alén desas influencias, converxeron elementos dos outros dous estilos tradicionais, pois as cidades de Naha e Tomari non son moi distantes, xa que Okinawa é unha illa.[1][2]