Trambaix

O Trambaix

O Trambaix é a denominación que recibe a rede de tranvía xestionada por Trammet que conecta o Baix Llobregat con Barcelona (distrito de Les Corts) e transporta unha media de 50.000 viaxeiros por día laborable. Abriu ao público o 3 de abril de 2004 nun fin de semana de portas abertas durante o cal os cidadáns podían usalo libremente.

Ten un total de tres rutas denominadas T1, T2 e T3 que empezan o percorrido na plaça de Francesc Macià en Barcelona e diríxense cara a L'Hospitalet de Llobregat, Esplugues de Llobregat, Cornellà de Llobregat, Sant Joan Despí e Sant Just Desvern. A rede ten unha lonxitude de 15'1 km en vía dobre, 29 paradas e 3 intercambiadores.[1]

O tranvía circula por unha plataforma reservada, salvo os cruces con outros viarios, e dunha regulación semafórica que podería facer superar os 20 km/h de velocidade comercial. Actualmente a media de todos os servizos ten unha velocidade comercial de 18 km/h, por diante dos 12 km/h dos autobuses urbanos, e inferior a 29 km/h do metro de Barcelona.

  1. "TRAM" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 3 de abril de 2010. 

Trambaix

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne