Transferrina | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||
Símbolo | Transferrina | ||||||||
Pfam | PF00405 | ||||||||
InterPro | IPR001156 | ||||||||
PROSITE | PDOC00182 | ||||||||
SCOPe | 1lcf / SUPFAM | ||||||||
OPM superfamily | 161 | ||||||||
OPM protein | 1lfc | ||||||||
|
As transferrinas son glicoproteínas do plasma sanguíneo que se unen ao ferro e controlan o nivel de ferro libre nos fluídos biolóxicos.[1]
As transferrinas únense moi fortemente ao ferro, pero de forma reversible. Aínda que o ferro unido á transferrina é menos do 0,1% (4 mg) do total de ferro corporal, é a fonte máis importante de ferro, cunha alta taxa de recambio (25 mg/24 h). A transferrina ten un peso molecular de arredor de 80 KDa e contén dous sitios de unión para o Fe(III) de alta afinidade. A afinidade da transferrina polo Fe(III) é extremadamente alta (1023 M−1 a pH 7,4)[2] pero decrece progresivamente ao diminuír o pH por debaixo da neutralidade. Na superficie das células existen receptores da transferrina.
A ferritina pode estar unida a un ión férrico, a dous ou a ningún. Cando non está unida ao ferro, coñécese como apotransferrina.
O xene que codifica a transferrina nos humanos é o TF,[3] que está localizado no cromosoma 3 banda 3q21.[3]