A dos tremarctinos (Tremarctinae) é unha subfamilia de mamíferos da orde dos carnívoros e familia dos úrsidos.
Na actualidade a subfamilia só inclúe un representante vivo Tremarctos ornatus, coñecido na bibliografía como oso de anteollos, única especie de oso de América do Sur.
Á parte desta, están rexistradas varias especies extintas de catro xéneros:
- Unha do xénero Tremarctus: Tremarctos floridanus, da Florida.
- Os chamados "osos de cara curta norteamericanos", dos xéneros Plionarctos (P edensis e P. harroldorum) e Arctodus (A. pristinus e A. simus)
- Os denominados "osos de cara curta suramericanos" do xénero Arctotherium (A. latidens, A. brasilense,[2] A. angustidens, A. vetustum, A. bonariense, A. tarijense e A. wingei.[3]
- ↑ Marcelo Stucchi, Denis Alexander Torres e Leopoldo Soibelzon: Evolución da subfamilia Tremarctinae (en castelán)
- ↑ "Spectacled Bear" en The Bear Planet (en inglés).
- ↑ Soibelzon, Leopoldo H, Tonni, Eduardo P. & Bond, Mariano (2005): "The fossil record of South American short-faced bears (Ursidae, Tremarctinae)", Jorunal of South America Earth Sciences, 20: 105-113. Ver documento completo en PDF.