O tricromatismo ou visión tricromática é a capacidade de ter tres canles para transmitir información de cor derivada de tres tipos diferentes de conos. Os organismos con tal capacidade chámanse tricrómatos ou tricromatas.
A explicación tradicional para o tricromatismo é que a retina contén tres tipos de receptores para a cor (nos vertebrados, son os conos , cones ou células cónicas) con diferentes espectros de absorción. En realidade, o número de receptores pode ser superior a tres, xa que se poden activar diferentes tipos a diferentes intensidades de luz. En vertebrados con tres tipos de conos, as varas poden contribuír á visión da cor a baixas intensidades de luz, o que resulta nunha pequena rexión de tetracromatismo.