Os Usipetes (do latín, Usipetes; también aparecen como Usipi, usipos) foron unha tribo xermánica da que temos noticia no século I. Estaba relacionada cos téncteros, cos que viviron durante un certo tempo, ata que cruzaron xuntos o Rin e foron atacados e derrotados por Xulio César.