Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Funafuti | |||
Localización | ||||
División administrativa | Tuvalu | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Vasafua, é un illote do Pacífico que forma parte do atol Funafuti, pertencente ao estado de Tuvalu. É unha das seis illas pertencentes á área de conservación de Funafuti, unha zona de 33 quilómetros cadrados establecida en 1996 co obxectivo de conservar a flora e a fauna.
Ao norte do illote transcorre o Te Ava Fuagea, un profundo paso de acceso á lagoa interior do Atol. Con 18,3 metros de profundidade e 160 metros de anchura separa a illa do illote de Fuafatu.