Programa Venera | |||||
Datos da misión | |||||
---|---|---|---|---|---|
Misión: | Venera-DInvestigación de Venus | ||||
Nave Espacial: | Venera-D lanzadeira = (Lanzadeira non confirmada) | ||||
Lanzadeira: | |||||
Número de tripulantes: | Ningún (0); (sen tripulación humana) | ||||
Lanzamento | 2029 (previsto) | ||||
Vehículo de lanzamento: | (Vehículo de lanzamento non confirmado) | ||||
Aluaxe: | Non aplicable | ||||
Aterraxe: | Venus (data prevista non confirmada) | ||||
Vehículo de aterraxe: | Aterraxe no planeta Venus | ||||
Duración: | Voo interplanetario (duración non confirmada) | ||||
Número de órbitas: | Ao redor de Venus (sen precisar) | ||||
Apoxeo: | (Non confirmado) | ||||
Perixeo: | (Non confirmado) | ||||
Período: | (Non confirmado) | ||||
Inclinación orbital: | (Non confirmado) | ||||
Distancia percorrida: | Distancia á Terra - Venus (precisión non confirmada) | ||||
Masa: | (Non confirmada) | ||||
Outras misións | |||||
|
Venera-D (en ruso Вене́ра-Д; Венера Долгоживущая, Venus Longa-vida)[1] é unha sonda ou estación espacial interplanetaria automática rusa (AMS) para o estudo de Venus, un análogo da Magalhães estadounidense. O lanzamento do dispositivo estaba previsto para 2029. De ter éxito, Venera-D sería a primeira sonda do Programa Venera lanzada por Rusia desde 1984.
Até 2022 era o principal e prometedor proxecto de ИКИ РАН (IKI RAN) para o período posterior a 2025, despois de que a misión de explorar Xúpiter e os seus satélites tivese que aprazarse por falta de financiamento. En 2022, como resultado da imposición de sancións contra Rusia en relación coa invasión rusa de Ucraína, o conselleiro delegado de Roscosmos, Dmitry Rogozin, dixo que unha maior participación dos Estados Unidos no proxecto ruso Venera-D era inadecuada.[2]