O vereinstaler (en galego: "tálero da unión"), creado en 1857, foi unha moeda padrón de prata usada na maior parte dos Estados Alemáns e no Imperio Austríaco nos anos anteriores á Unificación Alemá. Trátase do derradeiro tipo de tálero alemán e contiña 16,667 gramos de prata fina.[1][2][3][4]
- ↑ "Vereinstaler". En Münzen Lexikon. Reppa.de.
- ↑ "Vereinsmünzen". En Münzen Lexikon. Reppa.de.
- ↑ "Vereinsthaler". En Farlex Financial Dictionary. (2009).
- ↑ "Tratado de Viena do 24 de xaneiro de 1857" (tradución ao inglés do texto íntegro). En Journal of Political Economy. Vol. 4. Nº 2. 1896.Páxinas 270-279.