Voivod | |
---|---|
Orixe | Jonquière, Quebec, Canadá |
Período | 1982 - presente |
Xénero(s) | heavy metal, metal progresivo, metal industrial, thrash metal, speed metal |
Selo(s) discográfico(s) | Metal Blade, Noise, MCA, Mausoleum, Hypnotic, Chophouse, The End, Relapse |
Membros | Denis Bélanger Michel Langevin Jean-Yves Thériault Daniel Mongrain |
Antigos membros | Denis D'Amour Eric Forrest Jason Newsted |
Na rede | |
http://www.voivod.com/ | |
Voivod é unha banda canadense de heavy metal procedente de Jonquière, Quebec, formada en 1982. O seu estilo musical ten cambiado varias veces dende os orixes do grupo. Comezaron como unha banda de speed metal, ao que se lle foi engadindo unha mestura de metal progresivo e thrash metal para crear o seu estilo propio.
Dende o seu álbum de estrea en 1984, Voivod leva editados 11 discos de estudio ademais dun EP, un álbum ao vivo, dous recompilatorios, sete demos e un DVD. O grupo acadou o éxito entre o gran público a finais dos 80 co seu álbum máis famosos, Nothingface, que foi o primeiro traballo de Voivod en entrar na lista Billboard 200, acadando o número 114. O seu álbum máis recente é Infini, editado en 2009, que contén temas que foron gravados antes da morte do seu guitarrista Denis D'Amour no ano 2005.