Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Wannanosaurus

Wannanosaurus
Rango fósil: Cretáceo superior
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Ornithischia
Suborde: Neornithischia
Infraorde: Pachycephalosauria
Xénero: Wannanosaurus
Lian-Hai Hou, 1977
Especie: W. yansiensis
Nome binomial
Wannanosaurus yansiensis
Lian-Hai Hou, 1977

O wannanosaurus é un xénero representado por unha única especie de dinosauro marxinocéfalo e paquicefalosauriano que viviu ao remate do período cretáceo, aproximadamente hai 80 millóns de anos, no campaniano no que hoxe é Asia. Os seus restos fósiles atopáronse en sedimentos de arenita vermella da Formación Xiaoyan, en Anhui, China, que constitúen a especie tipo, W. yansiensis descuberta por Lian-Hai Hou en 1977.[1] Os restos consisten nun esqueleto parcial, que inclúe parte da cúpula cranial e parte da mandíbula,, un fémur e unha tibia, parte das costelas e outros fragmentos. Debido á súa cúpula plana con grandes aberturas considérase como un primitivo paquicefalosauriano.[1][2]. O fémur só medía 8 cm, e pénsase que non chegaban ao metro de longo, estimando en arredor de 60 centímetros o exemplar coñecido[1], as súas suturas craniais estaban fusionadas o que denotaba que xa era adulto ao morrer.[3] Durante algún tempo clasificouse como homalocephalidae, familia que caeu en desuso,[4][5] e que agrupaba os paquicefalosaurianos sen cupúlas en forma de domo.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 Hou Lian-Hai (1977). "A new primitive Pachycephalosauria from Anhui, China". Vertebrata PalAsiatica 15 (3): 198–202. 
  2. 2,0 2,1 Maryańska, Teresa; Chapman, Ralph E.; and Weishampel, David B. (2004). "Pachycephalosauria". En Weishampel, David B.; Dodson, Peter; and Osmólska, Halszka (eds.). The Dinosauria (2nd ed.). Berkeley: University of California Press. pp. 464-477. ISBN 0-520-24209-2. 
  3. Maryańska, Teresa (1990). "Pachycephalosauria". En Weishampel, David B.; Dodson, Peter; and Osmólska, Halszka (eds.). The Dinosauria (1st ed.). Berkeley: University of California Press. pp. 564–577. ISBN 0-520-06727-4. 
  4. Sues, Hans-Dieter; Galton, Peter M. (1987). "Anatomy and classification of the North American Pachycephalosauria (Dinosauria: Ornithischia)". Palaeontographica Abteilung A 198 (1-3): 1–40. 
  5. Carroll, Robert L. (1988). Vertebrate Paleontology and Evolution. W.H. Freeman and Company. ISBN 0716718227. 

Previous Page Next Page






Wannanosaurus AF Wannanosaure Catalan Wannanosaurus Czech Wannanosaurus German Wannanosaurus English Wannanosaurus yansiensis Spanish Wannanosaurus Finnish Wannanosaurus French ואננוזאורוס HE Wannanosaurus ID

Responsive image

Responsive image