Warning | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Green Day | ||||
Publicado | 3 de outubro de 2000 | |||
Gravación | abril - maio do 2000 | |||
Estudio(s) | Studio 880 en Oakland, California | |||
Duración | 41:14 | |||
Xénero(s) | pop punk, folk punk, punk rock | |||
Selo(s) | Reprise Records | |||
Produtor | Green Day | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Warning é o sexto álbum da banda estadounidense de punk rock Green Day, publicado o 3 de outubro do 2000 a través do selo Reprise Records. Feito sobre a base do seu predecesor, Nimrod (1997), o disco evitou o característico son punk rock do grupo e incorporou elementos acústicos, do pop e do folk. Liricamente o álbum fala de temas máis optimistas e inspiradores en comparación coas súas primeiras edicións. Warning é tamén o primeiro disco de Green Day dende Kerplunk (1992) que non foi producido por Rob Cavallo, aínda que botou unha man na súa produción e foi acreditado como produtor executivo.