Yutyrannus Rango fósil: Cretéceo inferior | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Esqueletos montados en actitude de loita. | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||
''Y. huali'' Xu et al., 2012 |
Yutyrannus (que quere dicir "tirano emplumado") é un xénero de dinosauros da familia Tyrannosauroidea que contén unha única especie coñecida, Yutyrannus huali. Esta especie viviu a comezos do período Cretáceo no que hoxe se coñece como o nordeste da China.[1] Os tres fósiles de Yutyrannus huali, todos eles atopados en leitos rochosos da provincia de Liaoning, son no presente os meirandes dinosauros coñecidos que conservan evidencias directas de plumas.[2]