ZYX | |
---|---|
Orixe | Xapón |
Período | 2003 - 2004 |
Xénero(s) | J-Pop |
Selo(s) discográfico(s) | Piccolo Town |
Membros | Mari Yaguchi, Erika Umeda, Saki Shimizu, Maimi Yajima, Momoko Tsugunaga, Megumi Murakami |
Na rede | |
Perfil oficial | |
![]() ![]() |
ZYX (ジックス?, pronunciado zicks) foi un grupo xaponés de J-Pop de curta duración formado por cinco integrantes do Hello! Project Kids liderados por Mari Yaguchi de Morning Musume. Yaguchi actuou como mentora e o grupo lanzou dous singles. ZYX é importante por que abriu o camiño as posteriores unidades compostas a partir do Hello! Project Kids como serían "Aa!", formado no 2003, "Berryz Kobo" en 2004 e "ºC-ute" en 2005. Cando Saki Shimizu e Momoko Tsugunaga foron seleccionadas como membros de "Berryz Kobo" en 2004, a actividade de "ZXY" rematou.
O nome do grupo utiliza as últimas letras do alfabeto en orde inverso, unha nomenclatura que seguirían posteriormente os grupos "W" creado en 2004, "v-u-den" en 2005, "The Possible" en 2006 e "SI-NA" en 2008. Estes grupos continúan o nomeado comentado anteriormente (ZXY-W-VU-T-S).