.cl | |
---|---|
Ano de creación | 1987 |
Tipo | ccTLD |
Estado | activo |
Rexistrador | NIC Chile |
Patrocinador | NIC Chile (Universidade de Chile) |
Finalidade | Persoas naturais ou xurídicas aveciñadas ou domiciliadas en calquera parte do mundo |
Uso actual | moi popular en Chile |
Restricións de uso | Calquera persoa natural ou xurídica, nacional ou estranxeira pode rexistrar un nome de dominio .CL[1] |
País | Chile |
Web | NIC Chile |
[ editar datos en Wikidata ] |
.cl é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Chile creado en 1987[2]. É administrado por NIC Chile, organismo dependente da Universidade de Chile. O regulamento para o funcionamento do Rexistro de nomes de dominio .CL, vixente desde decembro de 2013, eliminou o requisito previo de identificación persoal ao momento de inscribir un nome. Excepcionalmente, NIC Chile resérvase a facultade de pedir información que comprobe a identidade do titular, cando sexa necesario.
A sintaxe dos dominios que poden ser inscritos en NIC Chile (como wikipedia.cl), encóntranse descrita nas Regras de Sintaxes vixentes.
O rexistro de dominio, tanto para persoas físicas como para empresas, foi gratuíto ata 1997. Actualmente, ten un valor de CL$ 9 950 con 19 % IVE incluído polo primeiro ano de cobertura da inscrición.
Ademais de nacións como Alemaña, Austria, Brasil e Polonia, Chile permite o registro de Nome de dominio internacionalizado (IDN), é dicir, con caracteres non-ASCII.
Chile é o primeiro país de lingua castelá en permitir o rexistro de dominios con vogais acentuadas (á é í ó ú), a letra U con diérese (ü) e a letra Ñ desde o 21 de setembro de 2005[3], como por exemplo www.ñandú.cl.
Baixo este dominio, a diferenza do resto de América Latina, non existe a obriga de someterse baixo un dominio de segundo nivel (SLD); calquera rexistrante pode obter un dominio de segundo nivel.
Desde abril do 2011 soporta DNSSEC, a zona está asinada e, polo tanto, calquera dominio que queira asinar os seus rexistros pode facelo[4].
O día 23 de marzo de 2016 acadouse a cifra de 500 mil dominios rexistrados e activos[5].