Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
A Fonsagrada.
A Fonsagrada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Fonsagrada, da que é capital. Segundo o IGE en 2018 tiña 3.589 habitantes (4856 no 2006, 4949 no 2005, 5007 no 2004, 4993 no 2003). Cunha superficie de 438,4 km² é o concello máis grande de Galicia. O xentilicio é «fonsagradino»,[1] «buroego»[2] ou «brañego».
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fonsagradino.
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 48. ISBN 978-84-8158-706-7.