![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Himno | Himno da Rioxa ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España ![]() | ||||
Capital | Logroño ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 319.796 (2021) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua castelá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 5.045 km² ![]() | ||||
Altitude | 1.074 m ![]() | ||||
Punto máis alto | Monte San Lorenzo (2.262 m) ![]() | ||||
Punto máis baixo | Río Ebro (260 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1982 ![]() | ||||
Santo padrón | Virxe de Valvanera ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Goberno da Rioxa ![]() | ||||
• Presidente da Rioxa ![]() | Gonzalo Capellán (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento da Rioxa , ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ES-RI e ES-LO ![]() | ||||
Código NUTS | ES23 ![]() | ||||
Código INE | 26 ![]() | ||||
Sitio web | larioja.org ![]() |
A Rioxa[1][2][3] (en castelán: La Rioja) é unha comunidade autónoma do norte de España, uniprovincial e sen costa, atravesada polo río Ebro. Limita co País Vasco e Navarra ao norte, con Aragón ao leste e con Castela e León ao sur.
A primeira mención documental á Rioxa, escrita como Rioga, aparece no foro de Miranda de Ebro, no ano 1099, así como tamén aparece o topónimo latinizado no Becerro Galicano de San Millán de la Cogolla, do mesmo século XI.[4] O Estatuto de Autonomía da Rioxa, denominado tamén Estatuto de San Millán, foi aprobado en 1982, dotando deste xeito á rexión do correspondente autogoberno.
A súa poboación é de 317 501 habitantes, e a capital é Logroño, cidade duns 150 000 habitantes. Outras poboacións importantes son Calahorra, Arnedo, Haro e Alfaro.
A Rioxa é coñecida internacionalmente pola fama dos seus viños, cunha denominación de orixe estendida tamén polo sur de Áraba. Así mesmo é importante o Mosteiro de San Millán de la Cogolla, onde se atoparon os escritos máis antigos que se conservan tanto en lingua castelá como en lingua vasca.